22 oct. 2015

ANDAINA A PENACORNEIRA 2015

O luns 12 de outubro fixemos unha andaina a Penacorneira, desde paredes, o miradoiro de Penacorneira e Lamas. Polo camiño vimos as formacións rochosas (os bolos), así como o bosque galego, polo que se pode transitar doadamente poboado de castiñeiros, que xa perderan algúns ourizos, cheos de castañas. Atopamos pegadas do porco bravo, ao que non lle faltará comida, pois tamén había moitas landras dos numerosos carballos. Os cogumelos tamén fixeron a súa aparición este ano, quedando marabillados/as das súas cores. Sen dúbida, a mellor estación para facer esta andaina é o outono.















  

No hay comentarios:

Publicar un comentario