21 oct. 2015

CONCURSO DE CONTOS DE MEDO

CONCURSO DE CONTOS DE MEDO O EDLG convoca un ano máis un concurso de contos de medo co gallo da celebración do Samaín. As BASES serán as seguintes: 1.- Os contos estarán escritos en galego. 2.- Poderán presentalos o alumnado de ESO e Bacharelato e haberá dous premios, un por modalidade. 3.- Temática de medo. 4.- A extensión será como máximo de dous folios. 5.- A data máxima de entrega será o 28 de outubro 6.- A entrega dos mesmos farase no Departamento de Lingua Galega ou a calquera profesor do mesmo Departamento. 7.- Os contos premiados publicaranse na revista do centro Portátil.



No hay comentarios:

Publicar un comentario