15 abr. 2016

PARABÉNS AOS GAÑADORES!!!

Tres alumnos do IES Nº1 do Carballiño, Manuel Vázquez Augusto, Esteban Decabo Nogueira e Sander Ulloa Sieiro, foron os gañadores do primeiro premio do concurso autonómico Tíralle da Lingua 2016 celebrado o pasado 13 de abril no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
O estudantes gañaron o premio co Conto da Rosario do Avelino, un relato de creación propia que trata sobre os avatares dunha parella, nos que a afección á bebida e a desorientación provoca sorprendentes e cómicas situacións.
Tíralle da Lingua é un proxecto da AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega), dirixido ao alumnado e profesorado, co obxectivo de normalizar o uso oral da lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias, de uso no sistema educativo, "en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde", segundo apunta o director do IES Nº1, Manuel Amil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario