24 de feb. de 2017
FESTEXEMOS O ENTROIDO CUNHAS COPLAS!!!
Esta mañá tan especial
é mañá de Carnaval
hoxe non temos que estudar
e ímolo pasar xenial
Atópaste cun pirata
dáche a man o mesmo rei
non esquezas que no Entroido
paréceche un mundo sen lei
Días de troula con festa
de comer sen sentidiño
lacón, cachucha, chourizos
todo o que dá o porquiño
Cunhas coplas en galego
este entroido vou falarvos
dun señor con moita sona
presidente americano
Pois resulta que de nome
puxéronlle un moi raro
e malia a súa idade
sempre vai moi maquillado
Quizais os americanos
queren cambiar de goberno,
pasaron da Demócrata
ao Republicán sen freo

Ningún comentario:
Publicar un comentario