Onte fomos a Lugo cos de 1º de ESO. Todo o alumnado deste nivel leu previamente Contos de medo no museo de Lugo para logo acudir ao museo a realizar un xogo de busca literario moi interesante; dividíronos en varios grupos e os gañadores levaron un premio.
Mentres, coñecemos Lugo, pateamos toda a muralla, visitamos a catedral, vimos o mapa de Fontán no IES Lucus Augusti; pola tarde puidemos visitar a Casa dos Mosaicos.
Un día moi completiño nunha fermosa e fría cidade, do que descansamos ben a gusto ao día seguinte grazas ao "temporal"...

Ningún comentario:
Publicar un comentario