Tal como anunciamos nun post anterior, cada mes gozamos no centro dunha exposición fotográfica. Desta volta trátase de "Camiño, foto e palabra" con fotografía de Juan Rúa, que fala do Camiño de Santiago como un camiño exterior e interior: pés, corazón e alma. No camiño cada momento é diferente e intenso. A foto, a palabra, e sobre todo o latexar que non se ve na foto pero se intúe é o eixo principal da exposición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario