COMUNICADO DAS BASES PARA A ELABORACIÓN DO DECRETO DO PLURILLINGÜÍSMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), como entidade que traballa no mundo socioeducativo desde hai máis de trinta anos, perante a divulgación por parte da Xunta de Galicia das "Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia" quere manifestar:
1.- A AS-PG rexeita esta ou calquera outra norma que reste usos e feche espazos para o noso idioma.
2.- Consideramos vixentes as propostas emanadas do actual Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega por canto supoñen un elemento de consenso no proceso de normalización da lingua e porque ademais non foron alcanzados os obxectivos propostos en ningún dos ámbitos de actuación establecidos neste documento, e tampouco no ámbito educativo.
3.- Non nos parecen axeitadas á nosa situación lingüística ningunha das propostas establecidas nas citadas Bases, por canto o futuro decreto pretende sustentarse en falsos argumentos pedagóxicos e de extensión do plurilingüismo, cando todos e todas sabemos que as propostas normalizadoras deben basearse en criterios e fundamentos sociolingüísticos. Neste sentido resulta aínda máis disparatado denominalo decreto de plurilingüismo, cando é obvio que a súa aplicación reduciría o desenvolvemento competencial do alumnado e incidiría negativamente no proceso de normalización.
4.- A concepción da futura norma, deixando ao criterio das familias ou dos centros as materias a se impartiren en cada lingua, non só atenta contra a progresividade na presenza da lingua galega no ensino que debe, por lei, impulsar o goberno autonómico, e que vén esixida ademais pola enorme desigualdade social entre o galego e o castelán, senón que tamén leva a que, na práctica, sexa imposíbel acadar unhas competencias comunicativas en galego parellas ás do castelán, como requiren a LNL e a LOE, se temos en conta que estas bases fomentan a práctica desaparición do galego en infantil
e a residualización nas outras etapas educativas.
5.- Esta proposta racha co modelo consensuado até o presente e abre o rego da segregación e da fractura social, co recoñecemento real de dereitos unicamente para a comunidade lingüística dominante, ao tempo que constitúe unha fonte de conflitos e de desigualdades ao trasladar ás comunidades educativas decisións que lle corresponde tomar á administración educativa.
6.- Finalmente, como entidade integrante da plataforma Queremos Galego, adherímonos á folga convocada para o día 21 de xaneiro e facemos un chamamento a participar nela.

Ningún comentario:
Publicar un comentario