O escritor Xosé Luís Méndez Ferrín será con toda probabilidade o novo presidente da Real Academia Galega. A súa candidatura preséntase avalada polo presidente saínte Xosé Ramón Barreiro. O seu nomeamento terá lugar mañá sábado 23 de xaneiro, no salón de actos da Academia, na que fora casa de Emilia Pardo Bazán na coruñesa rúa de Tabernas, na cidade vella.
Méndez Ferrín naceu en Ourense en 1930. Exerceu a docencia, sendo catedrático de Lingua castelá e literatura. Foi nomeado tamén Doctor Honoris Causa pola Universidade de Vigo e conta co premio nacional da cultura galega desde o pasado ano 2009.
Vía
Ningún comentario:
Publicar un comentario