22 de feb. de 2010

21 días... falando galego

Así de orixinal esta "campaña" que ben podería ser un "Gran irmán" da nosa televisión galega. Podedes atopala aquí.



Hola, Son Samanta Villar e son periodista.
Milleiros de persoas viven cada día falando soamente unha língua, o galego. Saen a rúa, fan a compra... Nembargantes, algo que parece un feito tan normal como é falar unha língua, tórnase en un verdadeiro suplicio. Porque a xente é sometida a tal calvario?
Pasarei 21 días falando galego, e vivirei situacións como que alguén se negue a facerme unha entrevista de traballo por falar en galego, ou a imposibilidade de ver unha película no cine en galego...
Toda unha mostra de estoicismo linguístico que vivirei en primeira persoa.
Isto é 21 días falando galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario