25 feb. 2010

500 normas impoñen o castelán


A Plataforma per la Llengua elabora tres informes para demostrar a discriminación que sofren as linguas cooficiais no Estado .
A maioria inclúen sancións lingüísticas. Existen 54 normativas, pro exemplo, que obrigan unicamente o coñecemento do castelán e nalgunhas delas especifícase que o resto das linguas cooficiais non poderán ser requiridas, ao tempo que se establece un máximo de puntuación de méritos por se algunha administración as quere contabilizar para a obtención de prazas.
A Plataforma sinala que:
mentres as linguas cooficiais non asuman o mesmo status legal do castelán na estrutura do Estado, os cidadáns do dominio lingüístico non castelán non terán garantidos os seus dereitos como falantes.
E seguimos na mesma, Esquecendo as obrigas . A Plataforma Queremos Galego anunciou onte que o Comité de Expertos do Consello de Europa emitirá en abril o seu informe "máis crítico" coa política lingüística levada a cabo pola Xunta de Galicia con respecto ao cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.
No entanto, O Consello Xeral do Poder Xudicial ve "inconvenientes" no anteproxecto de lei do Rexistro Civil por permitir as inscricións "en calquera das linguas oficiais do Estado" e pide que o seu uso se circunscriba ás comunidades autónomas onde ese idioma teña oficialidade.
Efectivamente, o galego, só para Galicia. Un galego en Zamora non ten os mesmos dereitos que un zamorano en Ourense, a razón: un deles é galego. A isto chámaselle racismo.

Vía

No hay comentarios:

Publicar un comentario