11 de feb. de 2010

Hábitos lectores

Onte recibimos a noticia da publicación do Informe sobre hábitos de Lectura en España no 2009 a través da FGSR.
Reporducimos algunhas conclusións:
-Os lectores frecuentes, entre a poboación maior de 14 anos son o 41,3% (len todos ou case todos os días, ou unha ou dúas veces por semana).
-Os lectores frecuentes, entre 10 e 13 anos, son o 77,1%
-O 55% da poboación maior de 14 anos declárase lectora (lectores frecuentes + lectores ocasionais, que len un libro ao mes ou ao trimestre)
-Entre os rapaces e rapazas de 10/13 anos, a porcentaxe de lectores, sumando frecuentes e ocasionais, sube ao 91,2%
-O 78,4% dos nenos lectores asegura que seus pais lles len na casa, e o 88% que lles mercaron ou agasallaron con libros no último ano.
-O 97,2% dos nenos lectores afirmar que os seus profesores os animan a ler, e o 93,2% asegura que nos seus colexios se realizan actividades arredor da lectura e o libro, participando nelas o 94,1%.
-Galicia sube 2,3 puntos con respecto ao ano 2008, na porcentaxe de poboación lectora (+ 14 anos), quedando no 54,9%, sendo o 39, 9% os lectores frecuentes.
-En Galicia, o 45,1% dos maiores de 14 anos non le.
-A lectura en galego representa o 0,5% do total. En Galicia, o 7,4% dos lectores le en galego de forma cotiá.

Mellores resultados ca no ano 2008... pero non vos chama a atención o pouco que se le en galego???


Ningún comentario:

Publicar un comentario