En "Galicia confidencial":
Un importante sector do PP de Ourense, pero tamén de Pontevedra e Lugo, non está conforme co decreto do galego no ensino presentado pola Xunta. Por iso, decidiron pasar das palabras aos feitos e amosar, públicamente, o seu descontento con esta norma.
O primeiro en facelo foi Rafael Cuiña a quen respostou o propio Feijóo asegurando que o Consello de Dirección do partido apoiaba plenamente e sen fisuras esta medida. Sen embargo, este luns uniuse ao fillo do ex conselleiro Cuiña o alcalde de Vilariño de Conso quen apoiou unha moción do BNG que rexeita o novo decreto. Aseguran fontes populares que non están sós e que hai moito malestar pola decisión de minimizar a aprendizaxe do galego. "50-50, nin máis nin menos", iso é o que pide a maioría deste sector; que se equipare a aprendizaxe das dúas linguas e que o galego non saia perxudicado.
Equilibrio
Por iso, a dirección do PPdeG e a propia Xunta xa comezaron a tranquilizar a este sector e xa lles prometeron que na revisión do novo decreto o galego e o castelán terán o mesmo peso e a súa aprendizaxe será ao 50%. Sen embargo, queda no aire a decisión de que sexan os pais os que elixan a lingua dos seus fillos en Primaria, un suposto que tampouco comparten moitos dos dirixentes galeguistas.
"O propio Anxo Lorenzo está disconforme con esta medida que el criticou antes e que non lle gusta aplicar agora", sinala un destacado militante consultado. Con todo, no PPdeG aseguran que esta é unha promesa electoral que teñen que cumplir. Ademais, cargan contra Baltar ao que acusan de estar detrás deste "suposto descontento" para "pasarlle factura" á dirección e alimentarse dun tópico que sempre dá resultados dentro do PPdeG; o do galeguismo.
Enquisa
Ademais, os dirixentes populares contan cunha enquisa interna que lles outorga unha baixada de dous puntos se aplican esta medida, pero é contrarestada cunha subida de catro puntos. Polo tanto, na Nécora pensan que é máis o que se gaña que o que se perde, especialmente, nun sector da poboación que os apoiou nas pasadas autonómicas e que agora coquetea con Galicia Bilingüe e o partido de Rosa Díez.

Ningún comentario:
Publicar un comentario