O Equipo de Normalización Lingüística do centro en colaboración coa biblioteca do centro organizou esta semana, tal como anunciaramos, lectura arredor do amor.
Se a semana pasada o centro encheuse de cartaces avisándonos de que Cupido se atopaba no paro, esta semana foi o alumnado e o profesorado do centro o que traballou deste deus do amor para que este perviva sempre. E así, o vestíbulo do noso IES encheuse de amor, de corazóns, de poesía, de libros, e de toda unha montaxe para nos lembrar que o Amor, en todas as súas manifestacións, é o motor da nosa existencia.
O lema: "Sabedes que Cupido está no paro, por tanto, sodes vós quen debe conquistar por medio da palabra escrita. Para iso, ímosvos axudar: aquí tedes 25 poemas de amor diferentes para que escollades aquel que máis vos guste e o agasalledes"
Grazas ao alumnado de 4º Diver e á súa profe Cristina pola colaboración.
No anterior post tedes todos os poemas.
No xornal, reseña
E o noso concurso de tradución, do que xa vos falaremos
Ningún comentario:
Publicar un comentario