O lingüista Pablo Gamallo subliña que o modelo de inmersión máis precoz e total é o máis eficaz para acadar competencias na lingua hexemónica e na minorizada
A demonización do concepto "inmersión lingüística" é a estratexia que o PPdeG está a seguir para quitarlle ferro ás críticas expresadas desde o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Real Academia Galega (RAG) sobre as bases para a elaboración do novo decreto sobre o uso do galego no ensino.
Alén diso, o Tribunal Constitucional avalou a legalidade do modelo de inmersión e, tal como lembra a RAG no seu informe, esta estratexia é o que practican "as mellores academias de idiomas", ademais do método máis "rápido, eficaz e coa maior garantía", que se estendeu a outros países despois de iniciarse en Canadá.

Le aquí a entrevista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario