9 de feb. de 2010

A Xanela

Daria Shornikova, unha rapaza rusa que aprendeu a falar galego, decidiu pasar o verán en Compostela. Durante a súa estadía, gravou este documental en primeira persoa onde recolle as impresións de todo tipo de xente arredor da lingua galega: cal é a súa relación co idioma, como comezaron a falalo ou cales son as súas palabras favoritas.

Durante algo máis dunha hora, Daria percorre lugares como pubs, facultades ou medios de comunicación para coñecer esas historias, palabras e sentimentos de Galiza, contadas tanto por galegos de nacemento como de adopción.

"A Xanela" (2010) from daria on Vimeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario