29 mar. 2010

As aventuras de Reda e Neto

Reda e Neto ensínannos como protexer a vida privada propia e allea cando se tratan datos persoais.
Son personaxes dunha serie de animacións audiovisuais dirixidas aos mozos, nenos e á comunidade escolar encargadas pola Axencia Vasca de Protección de Datos (AVPD, ), coa colaboración de PantallasAmigas e o asesoramento do Goberno Vasco, Departamento de Educación, Investigación e Universidades.
Ademais existe unha guía dirixida ao profesorado en formato PDF que podes descargar desta páxina.

Nesta páxina web pódese acceder tamén a diversos proxectos, entre eles: Kontuzdatos.Ti decides (15-17), Manuais de uso de Tecnoloxías para rapaces (9-11; 12-14; 15-17).

Os obxectivos finais do recurso son:
  • Que os nenos e nenas aprecien o valor que teñen os seus datos persoais e os doutras persoas, particularmente en medios dixitais. E isto porque a través destes datos poden ser identificados, transmiten unha imaxe de si mesmos e terceiras persoas poden tomar decisións que lles afecten.
  • Que os nenos e nenas desenvolvan unha actitude consciente e activa no control da información persoal, propia ou doutras persoas.
O estilo de comunicación: empregada nestes recursos audiovisuais de breve duración é próximo aos rapaces xa que remiten a personaxes e contos clásicos e permiten o coñecemento mediante o descubrimento.
A idea básica, común a todas as animacións, é que é importante controlar e protexer a información sobre un mesmo e tamén os datos doutras persoas.

As animacións son pequenos cortos de uns 2 minutos cada unha. Presentan aos seus protagonistas, Reda e Neto (nomes recreados a partir dos termos Rede e a súa equivalente Net), en catro aventuras diferentes que queren ilustrar simbólicamente as seguintes ideas:
1. Tes moitos datos persoais e a túa imaxe tamén é moi importante: Atrapados na pócima máxica
2. Os teus datos persoais son un tesouro, protéxeos: Coidando o tesouro fronte aos piratas
3. Tes dereito a non dar todos os teus datos persoais: Aventura medieval e troque de datos
4. Os datos persoais dos demais non che pertencen, pero protéxeos coma se fosen teus: Mensaxeiros interplanetarios.

Despois do visionado de cada animación, propóñense cuestións para o debate que permiten experimentar en contexto real as ideas que as aventuras transmiten. Ademais, relaciónanse actividades a desenvolver coa familia, cuxo obxectivo tamén é sensibilizar a esta do seu papel educativo no uso das tecnoloxías da información e comunicación (TIC), rol que só pode levar a cabo compartindo con eles o uso das mesmas.
Tamén podemos atopar enlaces interesantes coma estes:
Sitios relacionados coa seguridade en Internet e a protección de información persoal
Sitios educativos
  • EducaRed, sitio para aprender e innovar mediante Internet

Grazas, Encarna, polo traballo xa feito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario