6 de mar. de 2010

Carta non publicada (Francisco Vázquez Troitiño)

Achégannos esta carta enviada ao "Faro de Vigo" para ser publicada na sección de "Cartas ao Director" e que non veu a luz. Desde aquí dámoslle esa posibilidade:


ALGUN GALEGO XA É GALLEGO


O día 23 de febreiro do 2010 , Rosa Díez, Deputada por Madrí nas Cortes Españolas e máxima representante de UPyD reiterou o uso do calificativo GALLEGO ao aplicarllo a Zapatero para darlle a esta palabra un uso común máis alá do que significa ser cidadán de Galicia, con significado pexorativo. Hai 3 meses xa llo aplicara á Feijoo e este mesmo día a Rajoy pero nestes dous casos resulta máis dificil saber que % da palbra é pexorativo, pois ademais, estes dous son galegos.
Sobre o aspecto pexorativo do vocábulo GALLEGO acláranos R. Díez o que significa para ela, no resumo da entrevista que A. Prieto publica no FARO DE VIGO do día 26 último, (copio textualmente os parágrafos que expresa R.Díez) “la capacidad de los gallegos para no definirse y esa habildad no es negativa” Isto significa: confuso, indeciso) e aclara máis adiante: “de Zapatero nadie sabe si sube o baja o sea lo que va hacer o dejar de hacer.” “En esa entrevista habíamos estado hablando de que Zapatero decía unas cosas y las contrarias”. Isto significa: mentireiro, falso). Cabe pensar,que para ela, gallego, significaría en conxunto: indeciso, confuso, mentireiro e falso...Estes calificativos cada un ten un significado altamente negativo no comportamento das persoas...todos eles xuntos podemos igualalo a impresentábel.
É verdade que existen galegos/as famosos que ten comportamentos incongruentes e confusos. así Feijoo e compañía cando din que aman e defenden o idioma galego pero favorecen a súa desaparición, reducindo a súa presencia no ensino que é o lugar máis doado para salvalo;ou retirano da obrigatoriedade de dominalo aos profesores que darán as clases. Tamén confusos son os que din que non se debe perder o galego pero procuran que os seus fillos non o falen,.. Falsos e mentireiros son os que din,que en Galicia, que está en perigo de extinción o castelan; ou os que aseguraban, hai só un ano, como Blanco e Touriño, que o AVE estaría conectado a Galicia no 2012 .
Resulta moi doloroso que este novo adxetivo castelán que propón R. Díez coincida coa nosa identidade pero hai que recoñecer que bastantes galegos danlle argumentos sobrados para esa definición tan negativa; pero outros moitos galegos non merecen ese degradante calificativo de impresentábel (en inglés disreputable) que é o que transmite R. Díez cando usa o vocábulo gallego.
R. Díez, que é moi sociábel, posibelmente para chegar a esta conclusión, aproveitouse da inspiración que lle transmitiron os manifestantes de Galicia Bilingüe aos que acompañou o 8 de febreiro de 2009 en Compostela e principalmente aqueles cos que tivo contacto directo, ao compartir a pancarta que encabezaba a marcha: Alfonso Rueda, Ana Pastor, Corina Porro, Carlos Negreira, Javier Dorado, Ignacio López Chaves e Gloria Lago.
R. Díez quere incorporar un novo significado ao adxetivo GALLEGO en castelán , pero isto non se consolidará, se a maioría dos galegos/as e os nosos líderes somos congruentes na defensa e desenvolvemento do noso idioma e valores, claridade nas ideas, valentes e decididos nos comportamentos, veraces e honrados na nosa vida individual e colectiva. DE NOS DEPENDE!

FRANCISCO VAZQUEZ TROITIÑO

Ningún comentario:

Publicar un comentario