Trátase dun interrogatorio do xuíz Baltasar Garzón a Pablo Crespo, ex-número 3 do PPdeG, en prisión por ser co-líder da trama de corrupción.
No vídeo, Garzón relata, ante un Crespo claramente intimidado e nervoso, as empresas que el e Francisco Correa crearon para lavar os cartos en negro que supostamente recibían de empresas a cambio de facilitarlles contratos con administracións gobernadas polo PP, como a Xunta de Manuel Fraga.
Garzón e Crespo dialogan sobre como administrar estas empresas, intervidas pola Xustiza tras os arrestos de hai un ano.
O PP galego financiaba os seus actos con diñeiro negro.
Polo demais, da nova documentación confírmase o financiamento ilegal das campañas do PPdeG a finais dos noventa.
Un informe da Policía asegura que Luís Bárcenas, senador e ex-tesoureiro do PP estatal, cobrou 22 millóns das antigas pesetas en negro da trama polo concepto "elecciones gallegas".
Cómpre lembrar que as empresas de Crespo e Correa organizaban os mitins do PP até a caida en desgracia de Xosé Cuíña. Segundo un informe dos axentes especializados en fraudes, máis da metade dos gastos dos mitins pagábanse coa 'caixa B'. Entre 1996 e 1999 a cifra de pagos en negro superou os 3,2 millóns de euros.
O actual presidente Alberto Nuñez Feijóo mantivo a Crespo na Xunta cando era conselleiro no goberno da época Fraga.
Tamén debemos lembrar que Pablo Crespo foi confirmado por Feijoo como o seu representante en Portos de Galicia, aínda que Fraga e o PPdeG coñecían desde 1999 que era responsable de irregularidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario