14 abr. 2010

Lingua de amor 2010

Xa está en marcha a cuarta edición do concurso de cancións e declaracións de amor en galego a través da internet.

O Consello da Xuventude de Galicia (CXG), a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, puxo en marcha a IV.ª edición de Lingua de amor, o concurso de cancións e declaracións de amor en galego a través da internet.

Lingua de amor ten como obxectivo principal estender o uso do galego como lingua habitual entre a xente moza nas súas comunicacións a través da rede.

Establécense dúas modalidades de participación: declaracións e cancións de amor.

Os premios serán os seguintes:

Modalidade 1: declaracións de amor en galego a través da rede

Categoría A (de 14 a 19 anos):
1.º Un computador portátil Netbook

2.º Unha consola Nintendo DSI XL

3.º Unha cámara de fotos dixital


Categoría B (de 20 a 35 anos):
1.º Un computador portátil Netbook

2.º Unha cámara de vídeo dixital

3.º Unha consola Nintendo DSI XL

Modalidade 2: cancións de amor en lingua galega
1.º Un computador portátil Netbook

2.º Un iPod de 3.ª xeración

3.º Unha consola Nintendo DSI XL

Para participar no concurso só hai que rexistrarse na páxina www.linguadeamor.eu. O prazo permanecerá aberto ata o 28 de maio de 2010 e para as votacións será do 29 de maio ata o 6 de xuño de 2010

Atoparás toda a información sobre o concurso na páxina www.linguadeamor.eu

No hay comentarios:

Publicar un comentario