26 de abr. de 2010

Contando contos aos máis peques

Unha das actividades máis fermosas que realizamos Día do Libro foi a de contar contos ao alumnado de 6 anos que desde os colexios públicos do Carballiño veu ao noso centro, á nosa biblioteca. Cando lembro a todos eses nenos e nenas subindo as escaleiras dos maiores, en ringleiras perfectas de dous, da manciña, caladiños e abraiados... logo, sentados no chan, nas cadeiras, contestando ás nosas preguntas e moi, moi atent@s a todos cantos contos lles contabamos... aínda me emociono. Os maiores non se querían perder este acontecemento e tod@s querían ser contacontos por un día. Houbo que restrinxir a sesión, porque non daba tempo para tanta intervención. E ao final, caramelos e bicos, moitos aplausos e moita ledicia.
Sinto non ter gravación: teredes que conformarvos con algunhas fotos (e faltan as do Kamishibai, que non sei puideron facer!)
Grazas a tod@s, grandes e pequenos, por axudar e participar en tan fantástica actividade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario