Desde o IES Porto do Son, Román Landín coméntanos que:
Dende a nosa biblioteca, o ENDL e o Departamento de Lingua Galega convocamos un Certame de Poesía Visual Letras Galegas 2010 co obxectivo de elaborar caligramas e colaxes a través ou a partir da obra de Uxío Novoneyra.
Acompañamos a actividade cunha presentación de diapos que contén unha escolma de caligramas e colaxes coa intención de que lle sirvan de modelo ao alumnado do Son. Inclúe composicións de diversos autores e tamén o que fan outros rapaces e rapazas de centros escolares (IES Río Cabe, IES As Ínsuas, CEIP Ramón Cabanillas, etc.), a ver se así se animan algo máis os nosos.
Tamén contén unha escolma de 32 poemas de Uxío Novoneyra, que será a que se traballe nas aulas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario