6 de maio de 2010

Dar clase na nosa lingua

4530 profesores seguirán a dar as clases en galego.


Queremos Galego consegue a adhesión de 4.530 profesoras e profesores á campaña "Dou e darei as clases en galego" from cig-ensino on Vimeo.



Os argumentos están claros, a situación do galego e do castelán non é equilibrada. A día de hoxe o galego é un idioma minorizado en prácticamente todos os ámbitos da nosa sociedade. O galego é un idioma desprotexido en Galicia e o que non se pode é contribuir a reducir a súa presenza en ningún escenario.
Do único informe realmente serio sobre o uso do galego no ensino que nós coñezamos, podemos deducir que a proporción de clases en galego é dun 35%, e isto baixo un panorama legal no que xa estaba en vigor o decreto actualmente vixente e que, seguindo estritamente as normas do PXNL acordadas por unanimidade no Parlamento, esixe un mínimo dun 50% de aulas en galego. A dirección que marca o anunciado decreto desta Xunta reduciría aínda máis a súa presenza no ensino.

Ningún comentario:

Publicar un comentario