5 de maio de 2010

DESCONXELE!

Reverso Comunicación Cultura e Lingua desenvolve con 2.0 Editora a campaña Desconxele. Este é un proxecto de fomento do hábito lector dirixido a mediadores de lectura (libreiros, bibliotecarios, docentes etc.) que poñemos a andar no Mes das Letras, co obxectivo de implicar a mediadores de lectura na súa función de estímulo do gusto pola lectura.

Neste momento de enfriamento lector, propoñémosvos desconxelar as lecturas dos vosos conxeladores andeis ou que vos acheguedes á vosa libraría de referencia para conseguir un novo libro e realizar o acto lector (se vos cómpre a ansia) ou conservar no andel para cando o acto lector che sexa máis apropiado. Lembra que ler é conversar cun autor, un diálogo continuo e perdurable do que sempre disporemos, sexa conservado en formato sólido (en papel) ou en formato líquido (dixital).
A campaña, modesta polo momento, conta cun vídeo (http://www.youtube.com/watch?v=y28AIC8j0Xg) que, de gustarche, pedimos que difundas no teu contorno máis próximo.

Distribuímos en 60 librarías de toda Galicia un empaquetado específico para os libros que merquedes nestes días e nomeadamente do Día das Letras Galegas.
Ademais, queremos propoñerche que o alumnado a través do centro educativo nos envíe a editamosparati.comunidade@20editora.com unha listaxe dos 5 libros imprescindibles que credes que deben estar traducidos ao galego.
Participa da implementación desta campaña propoñéndonos accións creativas para o fomento do hábito lector para a campaña .

Achégate a nós. Este é un proxecto 100% capital privado co que pretendemos implicarte (persoa ou entidade, pública ou privada) no fomento dos hábitos lectores en galego.


dinamizacion@reversoweb.com

www.reversoweb.com


Ningún comentario:

Publicar un comentario