Marcelino Fernández Mallo en Vieiros:
A crise delongada dexenera cara á depresión. O goberno que ha marcar o rumbo leva descarreirado desde o comezo da viaxe. A oposición das esperadas alternativas dáse un festín de prea. A xustiza exculpa os verdugos para inculpar as vítimas. Os recursos naturais espólianse como se fosen infinitos. Os mercados ameazan os países tal que xoguetes de cristal. E o goberno próximo, o que determina o sentimento dos cidadáns, se un ha estar triste ou ledo, orgulloso ou avergoñado, cae na infamia como método de xestión. Xa o dicía o nazi aquel: “fai o que teñas que facer e afirma o que teñas que afirmar”.
No medio de tanta calamidade, coinciden nas datas dous acontecementos transcendentes: por unha banda, unha fusión forzada polas circunstancias, rexeitada dende as entrañas mais precisa para a boa saúde do organismo enteiro; pola outra, a loita por unha lingua propia amada dende os corazóns e odiada por algunhas cabezas. Semellan fenómenos alleos pero, especulo, non creo que o sexan tanto. De entrada, entidades galegas que utilizan o catalán en Cataluña e o castelán na súa terra.
O presidente pexorativo renegou da lingua e dubidou das caixas. Os patróns do Centro encirrábano para acabar cos riscos esenciais, os valores, as tradicións, o idioma, todo español de pura cepa e o demais, rústico folclore, extinguible coma os incendios. Alentaban tamén unha reordenación das finanzas na mesma dirección, os cartos centrípetos igualmente, o aforro galego para a capital. Pero entón alguén resta 1 a outro 1 o que resulta -2, e que así perdo as eleccións. E unha conselleira honesta, revelación e estrela dun executivo patético, que advirte: “presidente, se perdemos os cartos, adeus autonomía e adeus país.” E o presidente que corrixe: “comunidade, quererás dicir comunidade; ou rexión para Madrid.”
As caixas quedan e a lingua entrégase. Tanto teñen os manifestos e as manifestacións, os ditames, as análises, os discursos e as aseveracións. A lingua propia tórnase nun sacrificio para salvaren as caixas. E agora, 1 – 1 que dá cero para todo quedar igual. Feijóo repetirá e por acó, veredes, con créditos pero en castelán. Esa é a miña especulación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario