14 de maio de 2010

Letanía de Galicia

Na Biblioteca Sarmiento tedes unha explicación detallada da Letanía de Galicia de Novoneyra.

Letanía de Galicia. Poemas caligráficos, fechado en 1979, constituye una obra de transición hacia la última etapa en que Novoneyra, afincado de nuevo en Galicia, se vuelve rama de carballo robusto.

Este texto escribiuno Uxio Novoneyra durante as protestas estudantís santiaguesas do maio do 68 e é, polo tanto, un poema social. O autor concibíao como un himno patriótico, pero un himno para dicir, non para cantar.
O seu título, Letanía de Galicia, ten claras reminiscencias relixiosas, trátase dun rezo pola súa Terra, un rezo civil colectivo. O poema acada a súa plenitude cando se di dun xeito coral.

No poema de Uxio Novoneyra son os galegos unidos que pregan, afirman a súa fe en galicia. Recréase libremente a forma do rosario católico, presente en moitas das familias galegas da época.


Chave das noces, o diario da biblioteca do IES de Foz publica hoxe unha entrevista inédita con Uxío Novoneyra realizada en 1985 por alumnos/as do centro. http://sarmientobiblioteca.blogspot.com/Chave%20das%20noces,%20o%20diario%20da%20biblioteca%20do%20IES%20de%20Foz%20publica%20hoxe%20unha%20entrevista%20in%C3%A9dita%20con%20Ux%C3%ADo%20Novoneyra%20realizada%20en%201985%20por%20alumnos/as%20do%20centro.%20http://chavedasnoces.blogspot.com/


De tanto calar xa falo só
xa é hora de botar fóra o que me atormenta

Boa parte do poema ten unha estrutura paralelística con abundantes anáforas e epíforas
GALICIA digo eu ... un di ............GALICIA
GALICIA dicimos todos ..............GALICIA
ata os que calan .. din ..................GALICIA
e saben .......................................sabemos
Eu digo/sinto Galicia, coma calquera, como todos os galegos, mesmo os que non o din, os que non manifestan o seu sentimento pola terra e calan, como calan os galegos; eles tamén o saben e sabémolo todos, Galicia é unha tarefa común de todos os galegos e galegas. O sentimento vai crecendo: eu, un, todos...
GALICIA da dor ... chora ................á forza
GALICIA da tristura ... triste ............á forza
GALICIA do silencio ... calada ..........á forza
GALICIA da fame ... emigrante .........á forza
GALICIA vendada ... cega ................á forza
GALICIA tapeada ... xorda ...............á forza
GALICIA atrelada ... queda ...............á forza
Tal e como recita o autor, hai unha pausa, chora, triste, etc. van unidas a á forza
Repaso aos históricos males de Galicia: a que sofre, a que chora, sempre triste (Rosalía), que non protesta e está calada (Castelao), a que emigra pola fame, a que está cega, cunha venda e non pode ver a realidade, a que está rodeada por un muro (tapeada) e xorda, que non escoita as chamadas, a que está atada (atrelada), quieta por non poder moverse. E o coro repite á forza, porque non é libre, non dispón do seu destino, está forzada

libre pra servir ....................libre pra servir
libre pra non ser .................libre pra non ser
libre pra morrer ..................libre pra morrer
libre pra fuxir .....................libre pra fuxir
A ironía da liberdade que non existe: é libre para seguir servindo a señores e foráneos, é libre para non ser ela mesma, para non ser un pobo, para ser alienada, é libre para morrer como pobo, é libre para fuxir, para escapar. E o coro vaino remarcando e repetindo, como o roga por nós do rosario
GALICIA labrega ...............GALICIA nosa
GALICIA mariñeira ............GALICIA nosa
GALICIA obreira ...............GALICIA nosa
GALICIA irmandiña ...........GALICIA viva inda
Agora cántase ás tres clases máis nosas, que conforman o verdadeiro ser galego: os labregos ( a primeira e máis antiga), os mariñeiros e os obreiros (a nova clase social do século XX). E tamén ao noso pasado de loita e honra: os irmandiños, que seguen aínda vivos nas nosas conciencias, que son exemplo de loita e rebelión

GALICIA irmandiña
GALICIA viva inda
recóllote da terra ................estás moi fonda
recóllote do pueblo ...............estás nil toda
recóllote da HISTORIA ......estás borrosa
Os tres elementos que forman a identidade dunha nación: unha terra, un pobo e unha historia comúns. A terra e o pobo están enraizados, claros, todo o mundo os capta e sente, pero a Historia áinda non se coñece ben, está borrosa
recóllote e érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pobo
recóllote prós novos que vein con forza
prós que inda non marcou a malla de argolas
prós que saben que ti podes ser outra cousa
prós que saben que o home pode ser outra cousa
Como na ladaíña, o que guía a oración fai unha conclusión final.
No verbo (a palabra, a lingua galega) está a esencia, na lingua do pobo, a verdadeira; mesmo cos castelanismos normais na época: letanía, solo, pueblo. A mocidade que vén con forza, porque aínda non está marcada pola escravitude (a argola dos escravos que deixaba marca), non están alienados. Os novos saben que Galicia pode ser outra cousa, que a humanidade pode ser outra cousa mellor.
Remata cunha chamada á comunidade galega e á comunidade humana, nacionalismo e internacionalismo
sabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousa
O coro (o pobo) recolle a chamada e repítea facéndoa súa
É como o amén final da ladaíña

A ladaíña é a oración que se recrea no poema de Novoneira. Algo que nos une aos galegos, como o rosario á familia católica. Un canto, unha oración, unha súplica na que a Virxe é a nosa terra. Unha longa lista de rogos aos que vai respondendo o coro.
Dicíase na posguerra española la familia que reza unida permanecerá unida e la familia que reza unida el Rosario reproduce un poco el clima de la casa de Nazaret. Na posguerra era habitual en moitas familias rezar o rosario xuntos. Presidían os avós (sobre todo as avoas) e un dos membros tiña que levar/dirixir a oración.
Que é o Rosario? O Santo Rosario é unha das devocións laicas máis populares entre católicos por todo o mundo. O seu nome formal é "O Santo Rosario da Santísima Virxe María." O Santo Rosario relaciónase con Santo Domingo de Guzmán (1170-1221). Desde o século quince en diante os dominicanos foron os promovedores principais do Rosario. En 1569 o Papa San Pio V estableceu o formato de quince Misterios como a versión oficial do Santo Rosario, autorizado pola Igrexa. No ano 2002, o Papa Juan Pablo II agregou cinco Misterios adicionais, agora hai vinte Misterios en total.
Como se reza o rosario? Co rosario na man faga o Sinal da Cruz , e rece o "Credo dos Apóstolos".
2 - Rece o primeiro Nosopai e medite o Primeiro Misterio.
3 - Rece 10 Avemarías (unha por cada doa pequena); rece o " Gloria".
4 - Rece o Nosopai e medite o Segundo Misterio; 10 Avemarías. Rece o "Gloria".
5 - Rece o Nosopai e medite o Terceiro Misterio; 10 Avemarías. Rece o "Gloria".
6 - Rece o Nosopai e medite o Cuarto Misterio; 10 Avemarías. Rece o "Gloria".
7 - Rece o Nosopai e medite o Quinto Misterio; 10 Avemarías. Rece o "Gloria".
8 - Un Nosopai e tres Avemarías polas intencións do Santo Padre.
9 - A Salve
10 - Ladaíñas da Virxe (Lauretanas) (É tradición angadilas ao final do rosario): Vexamos a versión galega e a latina -que moita xente sabía de memoria en latín na posguerra sen nunca estudar latín- tendo en conta que a cursiva é dita polo coro:

Ningún comentario:

Publicar un comentario