O cineasta galego consegue este galardón que concede a Federación Internacional de Críticos de Cine coa súa primeira longametraxe, Todos vós sodes capitáns.
Os rumores ían polo dereito. Oliver Laxe gañou o premio dos críticos no Festival de Cannes coa súa primeira longametraxe. O premio Fipresci, que concede a Fédération Internationale de la Presse Cinématographique, vén significar que a xuízo dos profesionais Todos vós sodes capitáns é a mellor película, non só da Quinzaine des Réalisateurs, onde se exhibiu a opera prima do cineasta galego o pasado mércores cunhas 700 persoas no teatro do Palais Stéphanie, senón tamén da Semana da Crítica, outra das seccións paralelas do certame francés.
A única película española no festival resultou premiada, ao cabo, por un xurado netamente estranxeiro. Presidíao o turco Alin Tasciyan e contaba con Martin Andersson (Suecia), Gideon Kouts (Francia), Christian Jungen (Suíza), Akiko Kobari (Xapón), Heike Hurst (Francia), Gabriel Klinger (EUA), Igor Gouskov (Rusia) e Boryana Mateeva (Bulgaria) como membros. O éxito poderíase completar hoxe se outro tribunal, o que encabeza o actor Gael García Bernal, lle concedese a Caméra d’Or. Compite polo premio que no pasado gañaron Jim Jarmusch e Miranda July, entre outros cineastas, con outras vinte e tres operas primas. A recompensa, 50.000 euros en película virxe que Laxe podería empregar para o seu próximo proxecto, unha película que rodará entre Galicia e Marrocos, onde vive dende hai varios anos.
Producida, escrita, dirixida e protagonizada polo propio Oliver Laxe (Paris, 1982), fillo de emigrantes luguess que retornaron á Coruña cando o cineasta tiña sete anos, Todos vós sodes capitáns rodouse en Tánxer cun equipo mínimo, un orzamento moi reducido –recibiu unha axuda de 30.000 euros da Consellaría de Cultura, como recordou onte o Goberno galego nunha nota de prensa– e unha cámara emprestada polo Estado marroquí. A mesma coa que o gabinete de Hassan II filmaba as viaxes do monarca.
Antes de converterse no único cineasta español na 63 edición do Festival de Cannes e recibir o premio da crítica, fito histórico para o audiovisual galego, Laxe chamara a atención do público máis esixente cos seus primeiros traballos, as curtametraxes Y las chimeneas decidieron escapar(2006), Suena la trompeta, ahora veo otra cara (2007) e París #1, coas que obtivo varios premios e visitou distintos festivais.
A crítica de Cannes premiou tamén Tournée (Sección Oficial), filme dirixido polo actor Mathieu Amalric, e Pál Adrienn (Un certain regard), da húngara Agnes Kocsis. Pola súa banda, o premio Signis recaeu en Des hommes et des dieux, de Xavier Beauvoius –con mención para Another Year, de Mike Leigh– e o da Mocidade para Copie conforme, do iraniano Abbas Kiarostami, e Les amours imaginaires, do canadense Xavier Dolan.

Ningún comentario:
Publicar un comentario