A “Plataforma en defensa do uso público do mosteiro de Celanova” convídate aos actos reivindicativos que se celebrarán o vindeiro sábado 26 na vila de Celanova.
Os actos desenvolveranse ao longo da tarde, de acordo co seguinte horario:
17:30 Presentación do libro “En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova reclama o uso público do mosteiro”.
18:30 Presentación do vídeo promocional do IES de Celanova “O IESplicable”, realizado por encargo da Plataforma, e dirixido por Bruno Nieto.
19:00 Manifestación que transcorrerá pola rúas da vila, e lectura dun Manifesto na praza Maior ao remate da mesma.

É preciso que este acto teña éxito, e queremos poder dicirlle ao alcalde de Celanova con voz clara e alta, todos xuntos, que non imos consentir que o Instituto e o Centro de Servizos Sociais sexan desaloxados do Mosteiro; que defenderemos con todas as nosas forzas o uso público do patrimonio, que aproveitará neste caso á formación de calidade dos nenos desta comarca, aos nosos maiores, a tódolos veciños da vila e da comarca, e tamén a todos aqueles que por unha ou outra causa se acerquen a visitalo nalgún momento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario