17 de xuño de 2010

Proxecto Carvalho

O proxecto Carvalho é un proxecto de tradución automática de código aberto e sustentábel entre o inglés e o galego encadrado dentro da plataforma de servizos de tradución automática Opentrad.

Coa túa contribución podes axudar a que medre e mellore e tamén axudar o planeta.

Para iso só é preciso que enriquezas o tradutor estatístico con corpus inglés-portugués, e que os convertas para inglés-galego coa axuda dunhas ferramentas dispoñibles en liña. A tecnoloxía deste proxecto ten licenza GPL e todos podemos acceder a ela.

Canto máis palabras teñamos, mellor funcionará o tradutor automático! E non só iso, senón que ademais a medida que vaia medrando o corpus iremos plantando árbores autóctonas, comezando pola zona de Forcarei.

Mellora o tradutor e nós plantaremos árbores!



Ningún comentario:

Publicar un comentario