26 de xuño de 2010

Rosa Aneiros, finalista do Premio Casino de Santiago

Alédamonos pola amiga Rosa, quen nos visitou no centro este curso, e nos deixou prendados da súa amabilidade e simpatía.

Rosa Aneiros xa gañou o Premio Xerais con ‘Sol de inverno’ FOTO:  AXENCIAS

Unha vez máis os composte­láns formarán parte do xurado que escolla a gañnadora do premio Novela Europea Casino de San­tiago, cuxas finalistas se presentaron onte no Ca­sino da capital galega.

A muller do mediodía, da alemá Julia Franck; A porta dos infernos, do francés Laurent Gaudé; A estraña desaparición de Esme Lennox, da esco­cesa Maggie O"Farrell; Outras islas, de Manuel Lope; e Sol de Inverno, a novela coa que Rosa Anaeiros gañou a edición pasada do Premio Xerais de novela, foron as obras elixidas para participar neste concurso, que pretende promover a lectura e o espírito euro­peísta.

O premio conta co patrocinio do Centro Comercial Compos­tela. Á presentación das novelas finalistas asis­tiron Ubaldo Rueda, di­rector do Casino de Santiago; Carmen Ríos, ca­tedrática de Lingua e Lite­ratura Galega; Margarita Pardo Fernández, catedrá­tica de Lingua e Literatura Española; e Pati Blanco, xefe de Relacións Externas de El Corte Inglés Galicia.

O xurado estará formado por tres grupos. A sección A integradas polos com­posteláns que queiran despositar os seus votos no Casino ou no Centro Comerical Compostela, que terá un peso do 30%; a B, formada polos socios do Casino (20%); e a C for­mada por dez represen­tantes de institucións de Santiago (50%). Autores como Ian Mc Ewan ou Ana Gavalda gañaron este premio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario