19 de xuño de 2010

Saramago

Xa todos os blogues se fixeron eco desta lamentábel perda para a escrita e para a humanidade. Así que tan só uns trazos para algún lector/a despistad@ que non se pasase por outros lugares compartidos.





Mísia Canta a José Saramago-" Nenhuma Estrela Caiu."



Ergo uma rosa (Saramago, Luis Pastor, María Pagés)




A súa paixón polos Libros:

"Empezar a ler foi para min como entrar nun bosque por primeira vez e atoparme de repente con todas as árbores, todas as flores, todos os paxaros. Cando fas iso, o que te deslumbra é o conxunto. Non dis: gústame esta árbore máis cas demais. Non, cada libro no que entraba tomábao como algo único."

El País Semanal, Madrid, 29 de novembro de 1998

Pola Lectura:

"Algunas persoas pasan toda a súa vida lendo, pero nunca chegan máis aló de ler as palabras na páxina, non entenden que as palabras non son máis que pisar as pedras colocadas a través dun río que flue rápido, e a razón é que están aí para que poidamos chegar á outra orilla, é o outro lado o que importa."

A súa loita pola Paz:

"Resulta moito máis doado educar aos pobos para a guerra que para a paz. Para educar no esprito bélico basta con apelar aos máis baixos instintos. Educar para a paz implica ensiñar a recoñecer ao outro, a escoitar os seus argumentos, a entender as súas limitacións, a negociar con el, a chegar a acordos. Esa dificultade explica que os pacifistas nunca conten coa forza suficiente para gañar... as guerras."
"Israel é rentista do Holocausto", en ¡Palestina existe!, Madrid, Foca, 2002 [Prólogo e edición de Javier Ortiz]

Ningún comentario:

Publicar un comentario