2 de xul. de 2010

25000 árbores talladas para chegar máis rápido ao-cárcere

Denuncia Adega:


1 de xullo de 2010. Dende ADEGA vimos de denunciar que a Xunta de Galiza iniciou as obras de "millora e acondicionamento" do acceso ao cárcere da Lama, logo dun chafalleiro e irregular procedemento administrativo, sen información pública e carente do obrigatorio estudo de impacto ambiental. As máquinas da empresa Copasa iniciaron as obras de "acondicionamento" da estrada PO-255 arrasando ao seu paso árbores, nin máis nin menos que 25.000, moitas delas centenarias e formando parte de antigas carballeiras. Nestas carballeiras, coma a de Caritel, medra ademais unha rara especie de fento, o Dryopteris guanchica, catalogado como vulnerábel. Pois nada, agora todos ao cárcere!

Todo iso apesar de que o proceso de licitación da obra -infestado de irregularidades- está recorrido ante os tribunais polos veciños xa que o estudo de impacto ambiental, imprescindible nunha obra cun impacto ecolóxico desta magnitude, nunca chegou a redactarse e ademais negóuselles aos propietarios afectados polas expropiacións a posibilidade de consultar o proxecto da obra.

Parece que a pesar da crise hai moita présa por parte da administración por gastarse os máis de 10 millóns de euros necesarios para perpetrar semellante atentado ecolóxico.

A pregunta é: E se os tribunais determinan que efectivamente existiu neglixencia no proceso de licitación? Quen será responsable da talla salvaxe, da biodiversidade perdida para sempre e do estrago de toda unha zona que até agora preservaba, co esforzo dos seus habitantes, unha contorna privilexiada?

1 comentario:

  1. Os veciños de A Pousa, Caritel (Ponte Caldelas) seguimos loitando por preservar as nosas carballeiras centenarias, castiñeiros, aciveiros, corredoiras, breas e camiños, antigos muros, pozas e regueiros con especies animais e botánicas que non deberian perder os seus habitats. Non sólo temos o fento "Dryopteris guanchiga", joia botánica, se non tambén a salamandra rabilarga "Chioglossa lusitanica" , ambas as duas consideradas vulnerables no Catálogo de especies amenazadas de Galicia.
    No podemos aceptar como progreso una obra mal estudiada e que será penosamente executada, sen estudio de impacro ambiental que destroi o noso entorno de una maneira brutal sen posible futura recuperación.
    Estas carballeiras son un legado cultural y paisaxístico que debería ser preservado para as xeneracións futuras.
    Gracias po lo seu interés e axuda ao publicar esta noticia. Estamos moi desanimados por sentirnos indefensos e non escoitados.

    ResponderEliminar