16 de xul. de 2010

Bragado, novo presidente da Asociación Galega de Editores

Eu, a verdade, alégrome moito:

anuel Bragado é o novo presidente da Asociación Galega de Editores grazas ao voto unánime da Asemblea, que onte tamén elixiu como vicepresidenta a Belén López. Concluído o mandato e sen opción a reelección –por imposición estatutaria–, os editores que deixaron o cargo eloxiaron os novos directivos e desexáronlles moita sorte no seu cometido.

Bragado presentou a súa candidatura como froito do esforzo por aglutinar diversas sensibilidades dentro da entidade gremial. O director de Xerais expuxo os tres eixos fundamentais da súa proposta de traballo: a continuidade nos proxectos e tarefas, a firmeza na defensa dos intereses gremiais e o consenso e a cooperación corporativa e gremial.

Nova directiva

Seguindo os tres alicerces que propuxo Bragado, a nova directiva traballará co compromiso de acadar o recoñecemento definitivo da edición galega en todos os ámbitos, reivindicando a débeda histórica co libro e o seu papel de sector estratéxico.

O novo equipo está formado por Manuel Bragado, de Edicións Xerais, presidente; Belén López, de Baía, vicepresidenta; Laura Rodríguez, de Hércules de Ediciones, secretaria; Xelasio Suárez, de Ir Indo, tesoureiro; Paco Villegas, de Cumio, vogal; Xosé Aldea, de Ouvirmos, vogal; Xulio Amigo, de Galaxia, vogal; e Consuelo Carreira, de Sotelo Blanco, vogal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario