24 de xul. de 2010

Día maldito

Día maldito para a nosa lingua e para a Internet galega. Falamos anteriormente do peche de Vieiros. Agora sabemos que "Chuza" tamén desaparecerá:

Dende hai meses, e por múltiples circunstancias, o mantemento de chuza fíxose cada vez máis complexo para min. Despois de avaliar moitas opcións decidín deixar este proxecto e ofrecer a súa xestión a determidadas asociacións e entidades que crin adecuadas para darlle continuidade.

Ninguén puido facerse cargo, polo que decidin que era o momento de poñerlle fin a chuza. E mañá é un día como calquera outro.

Chuza e, nomeadamente, outros medios históricos que desaparecen esta finde, deixan un oco importante niso que chamamos moitas veces rede galega. Pero os ocos están para enchelos. Todo o que queda a partir de agora é mellorar.

Moitas grazas por todos estes anos de colaboración.

Preguntas:

* Porque non me ofreciche chuza a min? Eu queria seguir co proxecto!!
Ben, o traspaso dunha web é algo máis complexo que pasar un contrasinal. Cando decidín que a miña etapa de administrador de chuza remataba, escollín varias organizacións e entidades que consideraba adecuadas para a continuidade e centreime nesas. Pero sempre podes coller o código fonte de chuza ou, case mellor, do menéame orixinal e montar a túa propia rede.

* Como vai ser o peche?
(actualizado) Será o 25 de xullo ás 23:59. Apagarase o servidor web. Non haberá arquivo online incialmente. Traballarase en publicar unha versión estática e reducida do arquivo. (Ver este chio)

Ningún comentario:

Publicar un comentario