18 de ago. de 2010

Fala Ceibe solicita no Parlamento Castelá que o galego sexa recoñecido como “lingua propia”

As Cortes de Castela e León están a tarbllar na Lei da Comerca dese territorio. Un feito que aproveitou a asociación Fala Ceibe do Bierzo para presentar unha proposta de emenda adicional apra que o texto recolla a existencia da lingua galega no bierzo e, ao tempo, sexa declarada “lingua propia”. Así o recolle hoxe Xornal de Galicia, onde se afirma que a proposta inclúe a creación dun Servizo Lingüístico Berciano para informar e asesorar no uso do galego. O colectivo denuncia tamén que nos últimos tempos se produciu unha perda de falantes na zona.

Ningún comentario:

Publicar un comentario