10 de ago. de 2010

Medios que din “Sangenjo", non "Sanxenxo”

Cris Moss, no Xornal:

Por desgraza, o uso incorrecto dos topónimos oficiais galegos é unha constante que non dá desaparecido logo de case trinta anos de Lei de Normalización. De feito, incluso hai políticos que apostan por volver atrás e recuperar as denominacións en castelán, circunstancia que será moi visible nas próximas municipais. Ao tempo.

Seguramente, a inspiración ideolóxica de moitos dos que seguen sen sentirse cómodos ante a lóxica marxinación dos topónimos deturpados sitúase en Madrid e tamén nos medios da dereita que alí teñen o seu centro de operacións, nada favorable a calquera tipo de iniciativa que faga referencia a unha España plurinacional.

Nalgúns medios de Madrid só existe o castelán e o resto deben ser dialectos a prohibir, como con Franco. Non había máis que ler onte as páxinas de verán dun diario económico, no que facían referencia –literal– a “Sangenjo, que no Sanxenxo”. Ata niso cometen erros. En todo caso sería Sanginés. Pero é Sanxenxo. En galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario