8 de ago. de 2010

O TSXG admite o recurso da Mesa contra o decreto do plurilingüismo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) admitiu a trámite o recurso presentado pola Mesa pola Normalización Lingüística contra o Decreto do galego no ensino. Segundo un comunicado desta asociación, o alto tribunal empeza agora a estudar a posible suspensión da súa aplicación, como medida solicitada polos recorrentes.

O presidente da Mesa, Carlos Callón, espera un pronunciamiento ''áxil'', xa que, ''se tivésemos que esperar dous anos a que se dite sentenza e durante este tempo non se tomase ningunha medida cautelar para que os nenos tamén poidan aprender en galego, poderíase causar un enorme dano á formación lingüística dos estudantes''.

A asociación explica no seu escrito que baseou o seu recurso en informes elaboradorsex profeso polas tres universidades galegas nos que se destaca que a aplicación do Decreto podería supor ''un dano irreparable ou de moi difícil reparación'' na formación do alumnado.

Finalmente, anuncia que, de face ao novo curso, continuará os seus actos de protesta e promoverá novas accións de denuncia internacional, ''xa que este decretazo vulnera punto por punto tratados internacionais de dereitos lingüísticos''.

Ningún comentario:

Publicar un comentario