Telemark Spain será a adxudicataria do macroconcurso da Xunta para o "servizo de explotación do número único de emerxencias 112". A empresa de orixe leonés cobrará máis de 5,1 millóns por prestar este servizo á nova Axencia Galega de Emerxencias, segundo publicará o Diario Oficial de Galicia nas próximas datas.
A maioría dos centros de traballo desta operadora están en Sudamérica, en concreto nas zonas de Lima e Trujillo (Perú) e Pereira (Colombia). Ten tamén oficinas en León e Tarragona, pero ningunha en Galicia.
A fin dos servizos galegos de teleoperadoras
Cómpre lembrar que o sector dos 'call-centers' daba emprego a miles de galegos hai uns poucos anos. Con todo, a progresiva deslocalización das operadoras a países con menores custos laborais provocou a marcha da práctica totalidade das compañías e conflitos laborais como na delegación de Atento na Coruña, unha das poucas empresas que seguen operando dende o país.
Segundo poida saber este confidencial, ao concurso tamén se presentaron Atento, Global Sales Solutions, Mk Plan 21 e a UTE Contacnova.
O cambio da adxudicataria pode traer consecuencias para gran parte dos centos de especialistas do do 112, que na súa gran maioría non traballa para a Xunta, senón para empresas privadas mediante diferentes subcontratas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario