Hoxe contamos coa presenza do escritor Breogán Riveiro que nos veu falar sobre o seu libro Tonecho de Rebordechao. Esta novela lérona os alumnos/as de 1º de ESO e tíñan moitas preguntas que facerlle ao autor. Este, dunha forma amena e que chegaba moi ben aos rapaces/as foilles contestando unha por unha as súas preguntas, ademais de aleccionalos para que escribisen "pois todos temos boas historias que contar". Dámoslle as grazas pola conversa tan amena que tivo con todos nós, ademais de asinarnos os exemplares do libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario