O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, aferrouse ó seu dereito "de non declarar", por non dispor da documentación en galego, tras ser denunciado polo xuíz decano da Coruña, Fraga Mandián, por "afear" a súa defensa do topónimo 'La Coruña'.
O presidente da Mesa rexeitara publicamente as declaracións do maxistrado durante un xuízo contra un veciño coruñés nas que supostamente aseguraba non ter "ningún rubor en usar a ilegalidade do topónimo La Coruña". Así, a asociación pronunciouse para recordarlle a "obriga dos servizos públicos de cumprir a lei por encima das súas opinións particulares", neste caso a Lei de Normalización Lingüística.
Callón enmarcou este proceso nunha "campaña de difamación" contra A Mesa, como parte dunha "concatenación de inxustizas a quen defende a lingua galega".
Deste xeito, recordou que "non é a primeira vez" que ten que declarar "por un problema" deste tipo desde 2008, xa que o ano pasado tivo que comparecer tras "unha denuncia por calumnias ou inxurias por parte deste maxistrado".
Así, ve un "sensentido" o feito mesmo en que se produciron as críticas ás declaracións do maxistrado, no marco dun xuízo desta mesma persoa contra un veciño da Coruña tras esixir que lle remita a documentación en galego e co topónimo oficial.
"Non estamos falando do ano 73, estamos falando do ano 2008, é algo que non ten ningún sentido racional", sinalou Carlos Callón.
Por iso, lamenta que a lexislación que defende os seus dereitos lingüísticos "parece papel mollado" tras non poder dispor da documentación solicitada en galego e despois de que "os programas informativos de Xustiza, pagados pola Xunta, non dean tan sequera a opción de escoller" o idioma.
Finalmente, advertiu de que a súa organización "continuará adiante nesta batalla" en defensa do galego. "Non nos calarán", resolveu Callón.
(nova tirada de Galicia Hoxe)

Ningún comentario:
Publicar un comentario