11 de xan. de 2011
Disco do gaiteiro Freixo
O gaiteiro Freixo publica o primeiro disco con 92 anos
Redacción . O Freixo por fin verá gravado o seu repertorio musical. Ese que leva interpretando á gaita desde hai oito décadas, vendo como o seu mundo mudaba sen que o instrumento deixase de amosar profundos sentimentos.
O disco do gaiteiro Freixo
É Manuel Vicente Castro. Maís tamén é o Freixo. Leva 79 anos coa gaita ao lombo. Toda unha vida animando a troula e a festa e agora, ben vello, vai pasar á historia. Freixo vén de gravar un disco aos 92 anos e vaino a presentar o sábado, 15 de xaneiro, na Casa Dopeso das Pontes, xunto ao dúo Bicarelo de Alfonso Cheda e María Xosé López..
Manuel pode ser tamén dos gaiteiros de máis idade de Galiza en activo e para el é moito, pensando que colle o seu instrumento por vez primeira aos dez anos. Seica non tivo mestre de música e que aprendeu de seu o suficiente para suavizar o seu servizo militar cun destino de gaiteiro.
(en A Nosa Terra)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario