11 de xan. de 2011
Dolores Vilavedra (Galicia Hoxe)
Dolores Vilavedra: "A nosa literatura está viva"
"A cultura galega está desvalorizada. Empezamos a estar orfos do apoio dos poderes públicos que o daban a cambio de certa lexitimidade simbólica"
Dolores Vilavedra é profesora de Literatura Galega na USC
A narrativa galega que abrollou na década dos 80 posibilitou a profesionalización do autor, a aparición dun novo lector ou a ampliación de estéticas e temáticas que derivaron na actual etapa de madurez do sistema literario galego. Así o apunta a escritora e profesora de Literatura Galega na USC, Dolores Vilavedra na obra que acaba de tirar do prelo Galaxia, A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica dende 2010. Un volume que analiza esas mudanzas sen pasar por alto os debates ao redor do conflito lingüístico ou a busca do "gran texto" ou "grande autor" das nosas letras.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario