24 ene. 2011

Homenaxe a Castelao , o 30 de xaneiro (Terra e Tempo)

Galiza lembra a Castelao no seu 125 aniversario o 30 de xaneiro


Desde “Galiza Cultura”, a Federación de Asociacións Culturais de Galiza, promóvese que o día 30 de xaneiro se homenaxee a Castelao, no seu 125 aniversario, nas principais vilas e cidades de Galiza.

Editouse unha faixa para colocar en edificios emblemáticos que lembren a figura máis senlleira da nosa cultura e celebrarase coincidindo coa colocación desta, diversos actos nos que se tratará de recordar quen foi Castelao. Elixiuse como hora de referencia ás 13:00 e todas aquelas asociacións ou entidades que desexen participar neste acto poden pórse en contacto coa federación a través do correo electrónico ou a web.

Ligazón para descargas
Ligazón para anotarse para realizar a actividade

Este será o acto inaugural deste ano no que se pretende desenvolver actividades sobre a importancia de Castelao para a nosa lingua e cultura, así como dar a coñecer a súa vida e pensamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario