29 ene. 2011

Juan Pardo - Irmán Daniel!!!!...Na morte de Castelao / poema de Ramón Cabanillas



poema : Ramón Cabanillas
música : Juan Pardo
debuxos de Castelao

¡Irmán Daniel!
Na praia de Rianxo
caían como bágoas as estrelas,
espallaban teus aies derradeiros
bruantes ventos das andinas serras,
e ondas galgantes, en cramor, chegadas
da pratense ribeira,
contaban no areeiro que te foras
da sereidade pola plan vereda?
o camiño que nunca se desanda,
o vieiro sin fin?
Na noite pecha
entréi pinal adiante, medoñento,
a ialma dun feitizo prisioneira.
Fungaban os ramallos un responso.
brillaba a frouma verdecente acesa,
en velorio de honra ó teu relembro.
Ergueitas cara ó ceo as ponlas, era
cada pino un cruceiro,
labra xenial da tua man maiestra,
e aquel forte e lanzal, que tempos idos
escoitóu a túa prácida conversa
co sabidor e xurdio
Profundador de voces milagreiras,
inquiréu delorido, en despero:
¿De qué morte morréu a nosa prenda?
Atravesóume o peito
un dór punxente e esguío de saieta
e díxenlle a verdade crú, tinguindo
cunha pinga de sangue cada verba:
¡Morréu do mal dos bós e xenerosos!
¡Morréu de amor á Terra!

1 comentario:

  1. Letra especialmente hermosa, cunhas misturas de agarimo-dor-morriña que nos fan querer ós nosos dun xeito que so coñecemos nós. Ó final, esteñamos onde esteñamos a nosa terra chama, clama, berra por nós, porque necesítanos tanto como nós a Ela. Castelao volviu porque tiña que ser así. Porque cada fillo retorna sempre a súa nai. Deste xeito volveu a Galiza, á súa nai, á nosa nai, á nosa terra, con nós os seus irmans...

    ResponderEliminar