23 ene. 2011

Lela - Castelao / Astarot / María do Ceo





Están as nubes chorando
Por un amor que morreu
Están as ruas molladas
De tanto como chovéu

Lela, Lela
Leliña por quen eu morro
Quero mirarme
Nas meniñas dos teus ollos

Non me deixes
E ten compasión de min
Sen ti non podo
Sen ti non podo vivir

Dame alento das túas palabras
Dame celme do teu corazón
Dame lume das túas miradas
Dame vida co teu dulce amor

No hay comentarios:

Publicar un comentario