31 de xan. de 2011

Manipulación informativa unha vez máis ( Terra e Tempo)

0 venres 28 de xaneiro o Consello Escolar de Galiza rexeitaba o Anteproxecto de Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Escolar, pedindo a súa retirada e a devolución á Consellaría de Educación. Este Anteproxecto foi presentado publicamente o 4 de xaneiro, cando non hai actividade escolar e sen consultas previas a ningún sector da comunidade educativa.
Daba noxo ver no Telexornal do día seguinte o tratamento da nova: declaracións do Conselleiro, dicindo que as decisións do Consello Escolar (cando non lle son favorábeis) non eran vinculantes e que ían seguir adiante coa lei, que el sabía o que a sociedade galega necesitaba e o que o profesorado demandaba; declaracións dun representante das ANPAs dos colexios privados (que nin siquera é membro do CEG), que votaron tamén a favor do borrador, dicindo que era unha mágoa, que a lei era moi boa e que era un avance; o representante de Educación do PP, Román Rodríguez, dicindo que todos os axentes sociais que presentaron as emendas á totalidade do borrador (CIG, FETE-UGT, CC.OO, a Coordinadora Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica, a Federación Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica, a Confederación Galega de ANPAs de centros públicos e o Seminario de Estudos Galegos) estaban manipulados e cativos do BNG e do PSOE, e que non representaban á sociedade galega. Ningún destes "axentes sociais" saiu na TVG; só o dos centros privados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario