Por Galicia Confidencial Lugo 03/01/2011
Novamente o patrimonio galego volve estar en perigo. Desta volta é un dos edificios residenciais máis antigos de Lugo; o pazo obispal de Diomondi, en O Saviñao, que sufriu un importante derrube a pasada semana. O edificio está anexo a unha das igrexas románicas máis importantes de Galicia e pegado a ela pola súa fachada norte.
Fóra das igrexas románicas -moi numerosas en Galicia- poucos edificios desta época chegaran aos nosos días completo, como era o caso deste pazo que foi residencia de verán dos Bispos de Lugo. Con todo, viña necesitando unha intervención urxente para evitar o seu derrube tal e como finalmente aconteceu.
Necesidade de actuacións patrimonias
Este edificio tivo unha pequena actuación no 2002 pero resultou insuficiente. "Nun país que non destaca por ter feito grandes investimentos na conservación e posta en valor do seu Patrimonio realmente isto ven significar que na realidade se opta pola desaparición do mesmo", apuntan desde a Asociación o Sorriso de Daniel.
De feito, a Xunta ben de diminuir as partidas para a protección ao Patrimonio en 2011 nun 82%.
Por iso, esta asociación destaca que o Patrimonio xernera postos de traballo e impulsa a economía. "As empresas da construción especializadas no sector do Patrimonio Histórico veríanse beneficiadas por unha política máis comprometida coa salvagarda dun Patrimonio que á súa vez orixina movemento turístico. Estes dous sectores económicos vense polo tanto directamente perxudicados por este tratamento irresponsable", aseguran.

Moitas grazas, xente do Carballiño, por ecoar a nosa voz. O sentir sabemos que é compartido.
ResponderEliminarApertas e bo ano.
O Sorriso de Daniel
osorrisodedaniel@gmail.com