14 de xan. de 2011

Xa está ben de que paguemos unha tv na que só se fala a lingua de Castela


Un senador balear reclama que TVE emita tamén en galego, catalán e eúscaro

14/01/2011 - Galiciaé

Que a Televisión Española fale tamén catalán, galego e eúscaro mediante unha alternativa de audio ou de subtítulos. É a moción que defenderá no Senado Pere Sampol, membro da Cámara Alta por designación autonómica representando ao Bloc per Mallorca e PSM-Verdsa, nun intento de contribuír "a mellorar a comprensión da realidade plurilingüe do Estado". Ademais, busca a promoción da súa lingua, o catalán, dentro da oferta televisiva.
(De Luns a Venres)

A moción fundaméntase nos dereitos recollidos no artigo 3 da Constitución Española e na Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, que obriga aos Estados adheridos a promover e protexer as linguas cooficiais, así como nos últimos avances tecnolóxicos do mundo audiovisual que permiten estas incorporacións nas emisións.

Nunha proposta desglosada, Sampol pide que a cadea pública estatal aproveite precisamente esas vantaxes para incorporar o sistema multilingüe na programación habitual das súas canles, da mesma xeito que xa incorporaron outras cadeas como IB3. Reclama, ademais, que se ofreza unha versión orixinal subtitulada a todas as linguas oficiais no Estado español no caso de que se 'pasen' producións estranxeiras. E para o 'feito en España', o balear esixe a posibilidade de elixir subtítulos nos idiomas propios de Cataluña, Euskadi e Galicia.

Sampol recoñeceu que"a realidade é que, por desgraza, no Estado existe unha incomprensión total cara á realidade plural lingüística".

Ningún comentario:

Publicar un comentario