4 de feb. de 2011

A Mesa pide a Endesa que remita as facturas eléctricas en galego


AS PONTES
A
03/02/2011 - C.P.R. / El Progreso (As Pontes)

A Mesa pola Normalización Lingüística das Pontes remitiulle un escrito á dirección de Endesa para «chamar a atención sobre a situación de discriminación que sofre a lingua galega na correspondencia que emite a empresa que preside», segundo recolle a carta.

A Mesa recorda que varios clientes xa formularon queixas a nivel particular pero, ante a falta de resposta da firma, decidiron facer unha reclamación conxunta a través deste organismo para lograr que a eléctrica remita a Galicia as facturas en galego.

A asociación, que explica á Endesa que o seu obxectivo é «a defensa do galego e a loita polo seu uso normalizado en todos os ámbitos da sociedade», precisa que outras compañías eléctricas xa o fan e recorda que a propia empresa traduce ao catalán a correspondencia de Cataluña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario