Feijóo sinala que Galicia é unicamente unha “autonomía política”, rango que, ao seu xuízo, “acredita” que “España non é un Estado plurinacional”. Neste sentido, como xa acontecera en anteriores viaxes, Feijóo enfatizou ante a prensa madrileña que “a única nación que existe é a española” algo que, asegura, acontece dende “hai 500 anos”. “O Estado plurinacional é unha cousa e o autonómico é outra”, enfatiza.
O titular da Xunta quixo deixar claro que Galicia non é un mini-estado, senon que acata a Constitución e que non ten "problema de definición" nin se sentan "en el diván de un psiquiatra para ver qué somos".
Imos Indo alédase de que non se pare moito a pensar que somos ou non, porque se se para e o pensa, moito nos tememos que as conclusións serían as mesmiñas as que logo de tanto pensar chegou o que foi delegado do goberno en Galiza e hoxe director xeral de Aviación Civil Manuel Ameijeiras (coñecido como Macario), e que eiqui transcribimos:
"lo que me gusta de ese pais (EEUU) es que solo tiene un idioma (...) ,todo el mundo deberíamos hablar un idioma; ¿que tiene que ser el esperanto?, bueno, pues ala, a estudiar el esperanto, y no digamos que Galicia es un pais, porque SI GALICIA ES UN PAIS, ¿QUE ES ESPAÑA? ¿UN CONTINENTE O UN PLANETA?"
Ningún comentario:
Publicar un comentario