20 de feb. de 2011

ERA EN LALÍN!! (diario lingüístico)


Onte fumos comer o cocido a Lalín; estaba boísimo, por certo, pero iso xa o sabemos todos, así que non é noticia...Quizáis o que vou contar, tampouco é noticia; quizáis é máis habitual do que eu cría, pero a nin non deixou de me apenar!
Era Lalín, unha estaba optimista, alí todo o mundo fala galego, ou case todo o mundo (que non é o mesmo pero é igual). Ao noso carón uns encantadores motarras que nos sorrín...e esa cousas, e que falan e nos falan en galego; ao outro lado unha fermosa gran familia, con xente de idades moi diferentes, rien, berran un chisco, témoslles que pedir que baixen a música dun aparatiño que a miña ignorancia tecnolóxica non me permite nomear....,pero en fin, era Lalín e todo era moi galego, era no "cerne" da Galiza.
Primeira volta á realidade cando a única nena desta gran familia galegofalante, duns 7 anos, nos fala en castelán; non nos chama demasiado a atención, pensando que son cousas do cole, que moitos nenos aínda que os pais lles falen galego ,collen o castelán no cole e non o soltan... (todos temos compañeiros que ven como os seus fillos falan castelán a pesares deles falarlles sempre galego); pero entón foi cando chegou o esperpento, esperpento que non era máis que a crúa realidade: esa nai galegofalante durante toda a comida, que chama pola nena:
-"Vamos hija, ven que ya te pone el abriguito la tía, que hay que marchar a casita....."
E cando se acerca a tía, a sempre galegofalante tía:
-"Venga, que te pongo el abriguito, que hace mucho frío, suelta el gatito mi amor.....
Fora estes parénteses, nai e tía seguen falando entre elas, e cos outros adultos, na lingua da Galiza
ERA EN LALÍN!!!!!!!!!!!!!

2 comentarios:

  1. a min o que me parece mal é que veñades a Lalín e non me avisedes...
    Por outra parte, isto pasa en toda Galicia, non? No Carballiño estades peor, eu creo.
    Apertas

    ResponderEliminar
  2. amig@ Ronsel, non o tomes como unha crítia a Lalín, porque é todo o contrario; precisamente eiquí, xa non sería normal que nun restautante un sábado,case todo o mundo fale galego...
    Ademái non temos número "clauso" para cocidos en Lalín; ante a máis mínima insinuación presentámonos .....(fins culturais, claro)

    ResponderEliminar